Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Club de lectura: Abre o prazo de inscrición

Setembro 17, 2024 @ 10:30 - 20:30

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne unha vez ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda dunha coordinadora. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións. Prazas Persoas socias do club Inscrición A partir do 17 de setembro A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Detalles

  • Data: Setembro 17, 2024
  • Hora:
    10:30 - 20:30
  • Categoría do Evento: