- Este evento pasou.
Terrazas de verán: Encontro con Elba Pedrosa
Aproveitamos as últimas tardiñas do verán para saír á rúa e realizar unha serie de actividades de dinamización cultural que terán a literatura e a ciencia como protagonistas. Biografía Contaremos coa presenza da escritora Elba Pedrosa nun encontro informal cos seus lectores, unha charla amigable onde os participantes poden falar e preguntar á escritora sobre o que rodea ao mundo literario. Pedrosa é Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou como consultora e formadora en creatividade e oratoria para institucións públicas e privadas. Colaborou coa Fundación Botín a través do programa Educación Responsable, como formadora de docentes en Creatividades. Ademais impartiu formación ao profesorado desde o CAFI (Centro autonómico de formación e innovación de Galicia). Colabora con distintos medios de comunicación. É tamén actriz, bailarina, presentadora de televisión e xornalista. Participou na Dirección Creativa de compañías de publicidade e comunicación durante máis de 15 anos. Prazas Aforo limitado.