Data/hora


Data(s) - 15/11/2024

Hora 18:00 - 19:00

A hora dos contos : Dani Blanco: Circo na biblioteca

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítanos Dani Blanco.
 

Circo na biblioteca

Pensaches algunha vez que non era posible ter circo na biblio? Pensas que é imposible? Pois a compañía Dani Blanco vaiche traer o mellor circo de malabares con pelotas, libros, números imposibles, equilibrios, clown, música e moito máis adaptado a todo tipo de espazos, para gozar en familia do mellor circo do mundo.

Idade


Público infantil dende 3 anos.

Prazas


Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas