Entre arrolos e contiños

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Avda. Martínez Garrido, 21, Vigo

Unha nova sesión de contos para bebés da man de Bea Campos, onde os/as máis pequenos/as da casa comparten coa familia un momento de pracer compartido, afastado do ruído e das présas cotiás. A través de contos, cancións e pequenos xogos, esta actividade busca espertar xa desde os primeiros anos o interese pola literatura e a tradición oral, creando un espazo cálido para gozar en compañía.