![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2021/01/calendario-01-1024x1024.png)
Data/hora
Data(s) - 21/03/2025
Hora 19:30 - 20:30
Contos Dakí: Quico Cadaval
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotiandade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o narrador e dramaturgo Quico Cadaval.
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2020/12/equipo-1024x841.png)
Prazas
Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas