Día das bibliotecas: Pasamos consulta
Para festexar o Día da Biblioteca realizaremos un consultorio onde o persoal bibliotecario pasará consulta. Trataremos ao público usuario as súas doenzas literarias e intentaremos atopar unha solución aos seus problemas lectores, receitando novos títulos e explicando como levar unha vida lectora saudable.