Data/hora


Data(s) - 07/08/2024

Hora 11:00 - 13:00

Obradoiro de encadernación

Mellores momentos do verán!

Neste obradoiro, o alumnado poderá crear o seu propio libro cunha sinxela costura. Explicaranse as nocións básicas para crear a estrutura do libro. Non dubides en modificalo e adaptalo ás túas propias ideas. O máis importante é divertirse e ter unha actitude creativa!

Idade


Público infantil dende 9 anos.

Prazas


Aforo limitado.

Inscrición


A partir do 25 de xuño

A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas