Encontro con Xurxo Mariño e Luis Sampredro Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Vigo Normalización lingüística

Data/hora


Data(s) - 11/09/2020

Hora 19:30 - 20:30

Terrazas de Verán : Encontro Xurxo Mariño e Luis Sampedro

Aproveitando o bo tempo do verán sairemos á rúa para realizar unha serie de actividades de dinamización cultural que terán a literatura e a música como protagonistas.

Prazas:

20 previa inscrición.

Inscrición:

Os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 h do 11 de agosto. A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Normas das actividades:

Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes

-Uso obrigatorio de máscara
-Facer previa inscrición
-Separación entre os grupos de 1,5m
-Aforo limitado

As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade.
Se as condicións metereolóxicas son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións.

Actividade en colaboración co Servizo de Normalización lingüística de Concello de Vigo

Ubicación



Terraza Biblioteca