Hoxe tivemos a sorte de escoitar a Javier Marcos

Unha das figuras máis destacadas do jazz feito en Galicia, cunha voz moi persoal que pode pasar por un crooner clásico ou abordar o cool jazz máis intimista.

Dende 2012 lidera o seu propio trío con Felipe Villar na guitarra e José Manuel Díaz no contrabaixo. Un trío inspirado polo de Chet Baker, unha formación moi íntima e delicada que se axusta perfectamente ao estilo de Javier Marcos.

Puidemos escoitar o repertorio do seu disco TenDez, unha compilación de arranxos de standards e outras cancións de autor cantadas en inglés e galego-portugués, abordadas dende unha perspectiva de igualdade e amor desidealizado.

Aquí deixamos dous dos seus temas máis emblemáticos da banda.

“I wish you love” (Deséxote amor) fala das veces que fun rexeitado, e sen poder deixar de amar, cultivei aceptación e gratitude.

“No comboio descendente” describe o ambiente dun tren, como metáfora das idades da vida, un poema de Fernando Pessoa.

Discografía dispoñible na biblioteca:

Javier Marcos – TenDez

Felipe Villar Trío – Home

Felipe Villar Trío – Outro

Grazas a Javier Marcos, Felipe Villar e José Manuel Díaz, por esta tarde tan especial.