A inscrición das actividades comeza na hora e no día indicado no programa de actividades.
Se a inscrición comeza un luns, o prazo de inscrición comezará ás 17.00 h; que é a hora de apertura da biblioteca para este día da semana.
A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, a través do teléfono 986267759, ou ben mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seguintes datos da persoa participante: nome e apelidos, idade, nome e apelidos da persoa acompañante, teléfono de contacto e correo electrónico.
As solicitudes (tanto presenciais, como telefónicas ou por correo electrónico) que se realicen con anterioridade ao inicio do prazo de inscrición non serán tidas en conta.
As prazas cóbrense por orden de chegada, atendendo ao mesmo tempo ao correo electrónico, ao teléfono e ás inscricións presenciais.
As solicitudes de inscrición enviadas por correo electrónico que non conteñan todos os datos solicitados non serán tidas en conta.
As persoas inscritas deben ter a idade indicada para cada actividade.
Cada solicitante poderá realizar unha única inscrición por actividade e soamente por unha das vías (telefónica, mail ou presencial).
Cada solicitante poderá inscribir a unha única persoa, coa excepción dos irmáns, que poderán inscribirse conxuntamente.
Nas actividades destinadas para público infantil permitirase un máximo de dúas persoas acompañantes adultas por neno/a.
No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión. Se non desexas participar na reportaxe, cominícao o comezo da actividade.
Estas normas poden ser revisadas e actualizadas pola biblioteca coa finalidade de mellorar o funcionamento das actividades.
Aureas é un conxunto internacional dos anos 20 no que cordas, ventos e percusión interpretan os ritmos bailables de moda a comezos do século pasado. [...]
Contaremos coa presenza da escritora María Xosé Porteiro nun encontro informal cos seus lectores e as súas lectoras, nunha charla amigable onde os/as participantes poden [...]
O evento, coordinado pola UVigo, achegará a ciencia a rúas, museos, institucións educativas , bares e na nosa biblioteca- Outro ano máis, a Noite europea [...]
O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne unha vez ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda dunha coordinadora. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.