Antes de poñernos a encartar e encartar papel, aprendemos en que consiste o origami ou papiroflexia

Pregado de papel sen usar tesoiras nin pegamento para obter figuras de formas variadas.  

Comezamos facendo un cartucho de papel de xornal, que aprendeu Julio, cando era neno, da súa avoa. A parte dunha historia moi entrañable, deunos unha idea estupenda para reciclar papel e darlle un segundo uso.

papiroflexia_biblioteca_neira_vilas_12
previous arrow
next arrow

Este contedor veunos fenomenal para levar todas as pezas que desenvolvemos no curso: paxariña, avión, garza, ra.