Nestes días de “impasse” entre festa e festa organizamos na biblioteca este obradoiro interxeneracional de narración oral, reciclaxe e imaxinación no que avós/as e netos/as puideron gozar dun tempo de lecer xuntos.
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2022/12/este_nadal_regaloche_unha_historia_biblioteca_neira_vilas_2.jpg)
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2022/12/este_nadal_regaloche_unha_historia_biblioteca_neira_vilas_1-1024x683.jpg)
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2022/12/este_nadal_regaloche_unha_historia_biblioteca_neira_vilas_3.jpg)
O mes de decembro dedicámolo na biblioteca ao Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 12, Produción e consumo sustentables, tan difícil que cumprir nestas datas de Nadal, polo que da man das compañeiras do Telefonillo puxemos en marcha esta actividade coa que queríamos poñer en valor a importancia do consumo responsable dun xeito ameno e divertido. Así, collimos obxectos cotiás en desuso (un xoguete roto, vaixela desparellada, latas baleiras…) e creamos unha historia ou conto para cada un deles, que plasmamos nun papel. Despois, démoslle unha nova vida transformándoos nalgo distinto: colgadoiros, candeeiros ou testos. Envolvimos cada unha destas novas pezas xunto coa historia que inspiraron, e con elas creamos un agasallo de Nadal único e diferente para regalar a alguén especial, reflexionando sobre todo o que pode ofrecer aínda un obxecto “vello” se o pensamos dunha maneira creativa.
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2022/12/este_nadal_regaloche_unha_historia_biblioteca_neira_vilas_9-1024x1024.jpg)
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2022/12/este_nadal_regaloche_unha_historia_biblioteca_neira_vilas_7-1024x1024.jpg)
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2022/12/este_nadal_regaloche_unha_historia_biblioteca_neira_vilas_8-1024x1024.jpg)
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2022/12/este_nadal_regaloche_unha_historia_biblioteca_neira_vilas_6-1024x1024.jpg)
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2022/12/este_nadal_regaloche_unha_historia_biblioteca_neira_vilas_4-1024x1024.jpg)
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2022/12/este_nadal_regaloche_unha_historia_biblioteca_neira_vilas_5-1024x1024.jpg)