O pasado mes de decembro finou o mestre dos escritores de novelas de espías John le Carré, polo que durante este mes queremos recomendar a súa obra.
David John Moore Cornwell, antes de ser coñecido polo seu seudónimo, foi un diplomático que trababallaba na embaixada de Bonn cando en 1964 o seu nome apareceu na lista que Kim Philby ofreceu aos soviéticos e na que delataba a axentes británicos. Remataba así a súa vida como axente, primeiro no MI5 e despois no MI6, e comezaba a súa carreira como escritor.
Le Carré deixounos grandes títulos coma El espía que surgío del frío, El topo, La Casa Rusia o El jardinero fiel, novelas que en varias ocasións foron levadas á gran pantalla.
Xaneiro
Do 1 ao 31 de xaneiro
Horario de apertura da biblioteca
Lista bibliográfica
Lembrade que podedes consultar todas as obras en sala ou levalas para casa en préstamo.