Horario de apertura


Horario de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro)
LunsMartesMércoresXovesVenresSábado
Mañá10.30 14.0010.30 14.0010.30 14.0010.30 14.0010.30 14.00
Tarde18.00 20.3018.00 20.3018.00 20.3018.00 20.3018.00 20.30

Servizos dispoñibles

Préstamo (sen cita previa)


A colección en libre acceso estará accesible ao público, pero será o persoal da biblioteca o que retire dos estantes os documentos solicitados.
  • Para levar documentos en préstamo non será preciso solicitar cita.
  • Convén consultar primeiramente o catálogo en liña da biblioteca para comprobar a dispoñibilidade das obras.
  • Para limitar a busca débese seleccionar “Vigo-Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas”.
  • Recoméndase a petición anticipada das obras desexadas no teléfono 986267759 ou no correo electrónico bpneiravilas@vigo.org.
  • Unha vez feita a petición, a persoa usuaria disporá de 3 días para recoller as obras solicitadas.
  • As reservas de documentos emprestados funcionarán con normalidade.

Devolución (sen cita previa)


A devolución das obras realizarase no buzón exterior da biblioteca as 24 h do día.
  • En caso de querer levar novas obras en préstamo, a devolución realizarase no mostrador, no posto habilitado para tal fin.

Información bibliográfica e referencia


As consultas atenderanse no teléfono 986 26 77 59 ou no correo electrónico bpneiravilas@vigo.org 

Solicitude do carné – alta en eFilmVigo (sen cita previa)


Para obter o carné de usuario/a ou darse de alta en EfilmVigo será preciso acudir á biblioteca co DNI.
  • Para axilizar os trámites, pódese cubrir o formulario de autorrexistro, pero será necesario despois achegarse físicamente á biblioteca para recoller a tarxeta e validar a solicitude.

Lectura e consulta en sala con cita previa


Poderán levarse a cabo actividades de lectura e consulta en sala unicamente nos postos habibilitados, que garanten a distancia interpersonal de 1,5m.
  • Para acceder aos postos será necesaria a reserva a través do teléfono 986267759 ou do correo electrónico bpneiravilas@vigo.org , solicitando o seu uso en quenda de mañá ou de tarde.
  • Cada persoa poderá reservar 1 posto de lectura por día.
  • A prensa e as publicacións periódicas poderán consultarse unicamente nos postos habilitados.

Uso de equipos informáticos con cita previa


Poderán utilizarse os equipos informáticos públicos habilitados para o seu uso, cumprindo coa separación mínima interpersonal de 1,5m entre os postos.
Quendas dispoñibles
LunsMartesMércoresXovesVenresSábado
Mañá10.30
11.45
13.00*
10.30
11.45
13.00*
10.30
11.45
13.00*
10.30
11.45
13.00*
10.30
11.45
13.00*
Tarde18.00
19.15
18.00
19.15
18.00
19.15
18.00
19.15
18.00
19.15
  • Para acceder aos ordenadores será necesaria a reserva do equipo a través do teléfono 986267759 ou do correo electrónico bpneiravilas@vigo.org.
  • Cada persoa poderá reservar 1 posto informático por día cunha duración de 1 hora, agás na quenda das 13.00h , que será de 45 m. (13.00-13.45)
  • O punto de acceso ao catálogo en liña estará dispoñible para a súa consulta.

Servizo de reprografía


O servizo de reprografía estará dispoñible asociado ao uso dos equipos informáticos, así como con cita previa a través do teléfono 986267759 ou do correo electrónico bpneiravilas@vigo.org.

Servizos non dispoñibles

  • Taquillas.
  • Calquera outro servizo destinado ao público distinto dos expresamente mencionados como dispoñibles.

Normas para un uso responsable 


  • Para o acceso á biblioteca será obrigatorio o uso de máscaras hixiénicas.
  • Na zona de acceso e nos puntos de contacto entre o persoal bibliotecario e o público situaranse dispensadores de xel hidroalcohólico ou desinfectantes autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade.
  • Deberá manterse unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos 1,5m. A circulación pola biblioteca farase polos percorridos establecidos e marcados para tal fin.
  • Os lugares de atención ao público disporán de medidas de separación entre o persoal bibliotecario e as persoas usuarias.
  • Nas dependencias da biblioteca instalaranse carteis e outros documentos informativos sobre os servizos dispoñibles e as medidas hixiénicas e sanitarias para o correcto uso dos mesmos.
  • Recoméndase ás persoas usuarias que acudan á biblioteca de xeito individual. As nenas e nenos menores de 14 anos terán que acudir acompañados dunha persoa adulta.
  • O acceso ás instalacións da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas só estará permitido para o desenvolvemento dos servizos expresamente autorizados en cada momento.
  • As persoas usuarias deberán seguir en todo momento as instrucións do persoal da biblioteca.
  • O persoal técnico do centro poderá solicitar o abandono inmediato das instalacións se detecta que se están a incumprir as normas recollidas neste documento.

Préstamo de portátiles en sala