Mostra bibliográfica 8 de xuño Océanos

Océanos saudables, planeta saudable

Unímonos ás celebracións do Día Mundial dos Océanos (8 de xuño) para lembrar a todos o papel importante que teñen os océanos na vida cotiá. Eles son os pulmóns do noso planeta, a maior parte do osíxeno que respiramos. Nacións Unidas quere con este Día concienciar á opinión pública sobre as consecuencias que a actividade humana ten para os océanos, coa fin de mobilizar e unir á poboación mundial ao redor do obxectivo da xestión sostible dos océanos, que son unha fonte importante de alimentos e medicinas e unha parte esencial da biosfera.