Desde a Biblioteca Neira Vilas sumámonos á celebración do Día Mundial de África, para dar visibilidade ao continente esquecido. Unha celebración que fai referencia aos logros do continente e convida a reflexionar sobre os retos e desafíos que se lle expoñen a África no futuro próximo.
Antes do concerto do grupo de percusión africana MaliSira, a Asociación Provivienda ofreceunos un conto tradicional da población soniké; grupo étnico do África occidental que vive entre Senegal, Mauritania e Malí. O narrador da historia foi Ismael Sankareh, de orixe mauritano, a tradución ao español correu a cargo de Emil Bek, de procedencia rusa.
MaliSira
Como peche, o grupo MaliSira fixo vibrar, bailar e gozar ao público asistente ao ritmo dos Djembes de Jesús Rodríguez e Roi Adrio, o Doundouns de Carlos Docampo, e co Djembe e Ngoni de Toumany Diawara; a encargada da danza foi a bailarina Itzzy Mousso.
Danza africana do público asistente
Queremos agradecer aos nosos veciños da Asociación AFAGA Alzheimer, pola súa colaboración na organización do evento e á Asociación Down Vigo pola súa presenza.