Un ano máis celebramos o día das escritoras, con flores e lecturas de escritoras

Esta nova edición conta co  comisariado de  Marifé Santiago  Bolaños que elixiu como fío condutor “Leer las edades de la vida”; un dos textos seleccionados é do poema “Os ollos ben pechados” da autora Xela Arias, a quen A Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas na edición deste ano.

Os ollos ben pechados

Xela Arias

«eu

mirando a túa reflexión o teu regreso

á postura máquina perfecta

aínda-tralos meus cristais rosados- vexo desacougados

saharas inmensos avantar mares apousados

por un erro –quizás un só maldito erro-

que trastocou a precisión da mente os puntos

nos is conxugados parir saír e partir

aparca-lo inxenuo das avelaíñas dormidas

asasinar fronteiras de caricias

manter só fogueiras de desperdicios nas cunetas

-horribles panoramas- (…)

“Os ollos ben pechados” (Denuncia do equilibrio, 1986)

Poesía reunida, Edicións Xerais de Galicia, 2018, p. 122.