Esta edición contou co comisariado de Carmen Domingo que elixiu como fío condutor “Antes, durante y después de las guerras”; un dos textos seleccionados é do poema “Muller a facer vento” da autora Luz Pozo Garza.
Memoria de África
Luz Pozo Garza (1922-2020)
«1
A terra nai recoñece ós seus mortos
un por un
no solpor dos camiños Nas pedras arrasadas
Foxen as xentes asumidas na luz que se aniquila
inermes
congregadas no medo No pavor cara á morte
Por que esta sede?
esta inxustiza?
a fame?
Por que este sangue, Deus?
Sangue inocente. Entrañas incendiadas
Na noite dos coitelos
Na mañá dos alfanxes
no tempo que se extingue en alarido…
Quen defende esta causa apocalíptica?
Tanta abominación asoma en bágoas lúcidas
A terra nai recoñece ós seus mortos? (…)»
Muller a facer vento (1998)