Volve á biblioteca sen cita previa Biblioteca Xosé Neira Vilas Concello de Vigo

Préstamo


A colección en libre acceso estará accesible ao público, pero será o persoal da biblioteca o que retire dos estantes os documentos solicitados.
  • Para levar documentos en préstamo non será preciso solicitar cita.
  • Convén consultar primeiramente o catálogo en liña da biblioteca para comprobar a dispoñibilidade das obras.
  • Para limitar a busca débese seleccionar “Vigo-Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas”.
  • Recoméndase a petición anticipada das obras desexadas no teléfono 986267759 ou no correo electrónico bpneiravilas@vigo.org.
  • Unha vez feita a petición, a persoa usuaria disporá de 3 días para recoller as obras solicitadas.
  • As reservas de documentos emprestados funcionarán con normalidade.

Devolución


A devolución das obras realizarase no buzón exterior da biblioteca as 24 h do día.
  • En caso de querer levar novas obras en préstamo, a devolución realizarase no mostrador, no posto habilitado para tal fin.

Información bibliográfica e referencia


As consultas atenderanse no teléfono 986 26 77 59 ou no correo electrónico bpneiravilas@vigo.org 

Solicitude do carné – alta en eFilmVigo


Para obter o carné de usuario/a ou darse de alta en EfilmVigo será preciso acudir á biblioteca co DNI.
  • Para axilizar os trámites, pódese cubrir o formulario de autorrexistro, pero será necesario despois achegarse físicamente á biblioteca para recoller a tarxeta e validar a solicitude.

Lectura e consulta en sala


Poderán levarse a cabo actividades de lectura e consulta en sala unicamente nos postos habibilitados a tal efecto, que garanten a distancia interpersonal de 1,5m.
  • A prensa e as publicacións periódicas poderán consultarse unicamente nos postos habilitados.

Uso de equipos informáticos


Poderán utilizarse os equipos informáticos públicos habilitados para o seu uso, cumprindo coa separación mínima interpersonal de 1,5m entre os postos.
Quendas dispoñibles
  • Cada persoa poderá utilizar 1 posto informático por día cunha duración de 1 hora.
  • O punto de acceso ao catálogo en liña estará dispoñible para a súa consulta.

Servizo de reprografía


O servizo de reprografía estará dispoñible asociado ao uso dos equipos informáticos. Non se realizarán fotocopias nin escaneado de documentación.

Servizos non dispoñibles

  • Taquillas.
  • Calquera outro servizo destinado ao público distinto dos expresamente mencionados como dispoñibles.

Normas para un uso responsable 


  • Para o acceso á biblioteca será obrigatorio o uso de máscaras hixiénicas.
  • Na zona de acceso e nos puntos de contacto entre o persoal bibliotecario e o público situaranse dispensadores de xel hidroalcohólico ou desinfectantes autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade.
  • Deberá manterse unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos 1,5m. A circulación pola biblioteca farase polos percorridos establecidos e marcados para tal fin.
  • Os lugares de atención ao público disporán de medidas de separación entre o persoal bibliotecario e as persoas usuarias.
  • Nas dependencias da biblioteca instalaranse carteis e outros documentos informativos sobre os servizos dispoñibles e as medidas hixiénicas e sanitarias para o correcto uso dos mesmos.
  • Recoméndase ás persoas usuarias que acudan á biblioteca de xeito individual. As nenas e nenos menores de 14 anos terán que acudir acompañados dunha persoa adulta.
  • O acceso ás instalacións da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas só estará permitido para o desenvolvemento dos servizos expresamente autorizados en cada momento.
  • As persoas usuarias deberán seguir en todo momento as instrucións do persoal da biblioteca.
  • O persoal técnico do centro poderá solicitar o abandono inmediato das instalacións se detecta que se están a incumprir as normas recollidas neste documento.