Cada ano, en torno ao 27 de xaneiro, a UNESCO rende tributo á memoria das vítimas do Holocausto e ratifica o seu compromiso de loitar contra toda forma de intolerancia que poida conducir a actos violentos contra determinados grupos humanos.

Dende a Biblioteca Neira Vilas quixemos sumarnos a este tributo cunha charla ofrecida por Antonio Muñoz arredor dos españois e, en concreto, dos veciños de Lavadores que foron vítimas nestes campos de concentración.

Antonio Muñoz é historiador e traballa no Instituto de Ciencias Sociais da Universidade de Lisboa. O seu principal tema de investigación son as relacións entre Alemaña e España durante o franquismo e a transición. Antonio tamén investigou sobre os españois que emigraron a Alemaña nos anos sesenta e agora investiga outros emigrantes, aqueles que foron traballar a Alemaña durante a 2ª Guerra Mundial.

LAVADORES NA ALEMAÑA NAZI

Durante a Segunda Guerra Mundial, máis de 10.000 mozos emigraron da España de Franco á Alemaña de Hitler. Uns 750 eran galegos, a maioría de Vigo e comarca. Traballaron por todo o Reich en ferrocarrís, industrias químicas, en fundicións e mesmo en panaderías. Polo menos vinte destes galegos morreron por enfermidades, accidentes ou por efecto das bombas aliadas. Entre os que volveron a Galicia, que saibamos, non houbo quen escribise as súas memorias.

Na súa presentación Antonio Muñoz falounos das ducias de veciños de Lavadores que traballaron en Alemaña. Emigraron cando eran só adolescentes, e é posible que algúns aínda anden polas nosas rúas.

Podes axudarlle a reconstruír esta faceta descoñecida da historia de Lavadores? Se coñeces a algún destes veciños podes poñerte en contacto coa biblioteca.

NOMENACEMENTORESIDENCIA
CASIMIRO ABAL DARRIBA1923
FLORIANO ALMÓN RIVEIRO1916
OLIMPIO ALONSO GROBAS1923IGREXA
MANUEL ÁLVAREZ ROMÁN1925
JOSÉ BASTOS FERNÁNDEZ1900GRAN VÍA, 73
EDMUNDO BASTOS COSTAS1925GRAN VÍA, 73
JESÚS CAL COMESAÑA1919
RICARDO CAMPILLO GARCÍA1911
JOSÉ DOMÍNGUEZ FERNÁNDEZ1924S. XOAN DO MONTE
ÁNGEL FERNÁNDEZ MARTÍNEZ1912
EUGENIO GONZÁLEZ FERNÁNDEZ1923POMBAL (CALVARIO)
ENRIQUE IGLESIAS CAMESELLE1923PARDAVILA, 16
MANUEL MIGUÉLEZ1924BARRIO DA ROLA
BENJAMÍN NIETO GÓMEZ1923CASAL
CESÁREO OLIVEIRA RIVAS1918FREIXEIRO
JOSÉ OLIVEIRA FREITAS1920RÚA RIOMAO
MANUEL PARCERO CASTAÑO1920RÚA COUTADAS
MANUEL ROMÁN ÁLVAREZ1925