Chegou o Entroido á Neira Vilas!

Alicia comezaba a cansar de estar sentada coa súa irmá á beira do río sen facer nada: unha ou dúas veces botara unha ollada ao libro que lía a súa irmá, pero non tiña ilustracións nin diálogos. “E para que serve un libro sen ilustracións nin diálogos?”, pensaba Alicia.
Preguntábase (o mellor que podía, pois a calor daquel día adormecíaa e aparvábaa) se polo pracer de tecer unha grinalda de margaridas valía a pena levantarse e recollelas, cando, de súpeto, moi cerca dela pasou un Coello Branco de ollos cor de rosa.
Isto non tiña nada da especial, tampouco lle pareceu a Alicia tan raro que o Coello dixera a media voz: “Ai! Ai! Meu Deus! Que tarde vou chegar!”

entroido_2020_alicia__2
previous arrow
next arrow

Se queres ver onde chega tarde o Coello Branco non tes máis que meterte pola súa tobeira e chegar á biblioteca! E de paso, tomar o té co Sombrereiro Tolo, descifrar as mensaxes do Gato e fuxir da furia da Raíña de Corazóns antes de que che corte a cabeza!

Alicia no país das marabillas. Lewis Carroll