Despois de moito tempo regresamos coa Hora dos Contos e para esta gran ocasión tivemos a sorte de que nos acompañasen Xacobe e Tareixa, ou o que é o mesmo Pavís Pavós, para contarnos unha chea de contos.
Como nesta tarde de outono aínda acompañaba o caloriño do sol decidimos aproveitalo e facer a sesión de contos na terraza.
Contaron o conto do Polo Pepe todo un “hit” xeracional, o conto acompañárono coas cancións “Pepe cando teñas medo” e “Eu son unha galiña”.
Logo amosáronnos un conto ENORME dunha casa na que aparecían novos personaxes detrás de cada ventá.
A sesión continuou con contos de animais, A historia dos sete cabritiños (encántanos os contos clásicos) e a historia da Cebra Debra.
E como toda boa festa rematamos cunha canción coa que nos despedimos bailando “Piñeiro”