Moitas grandes mulleres da historia foron calificadas de estrafalarias só por non seguir as normas establecidas: Rosalía de Castro, Frida Kahlo, Gloria Fuertes… Así, “estrafalarias” son tamén as protagonistas dos contos cos que nos deleitou Xarope Tulú; dende a Alicia Caediza de Gianni Rodari, á que lle gustaba fedellar e escorregarse polos lugares máis insólitos, ata a Carlota que aborrecía ser unha princesa rosa, pasando pola nena felizmente salvaxe de Emily Hughes ou a xata-pita Daisy que sorprendeu a todas as súas compañeiras na súa primeira semana na escola de vacas.