Data/hora


Data(s) - 27/12/2022

Hora 18:30 - 20:00

OBRADOIRO: Rap con Rosalía

O Rap é un xénero musical alernativo nado a comezos dos anos 80, caracterizado por ser rimado e estruturado dentro dun compás rítmico de 4X4 chamado “base” ou “instrumental”. Este estilo diferénciase pola súa complexidade na composición e por ter un alto contido lírico que inclúe xogos de palabras e recursos literarios propios da poesía coma metáforas, símiles, hipérboles e outras figuras retóricas. No taller de Rap, aprendemos a escribir e interpretar versos e coñecer as figuras literarias da nosa terra, neste caso en concreto coñeceremos máis sobre Rosalía de Castro.

Actividade do SNL

Idade


Público xuvenil dende 10 anos

Prazas


Aforo limitado.

Inscrición


A partir das 10.30 h do 13 de decembro

A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas