Pincelada a pincelada fomos descubrindo xunto as fermosas verbas de Olalla os contos que agochaban Marc e Olalla dentro da súa maleta
Contos de ratiños que imaxinou Arnold Lobel e que marcharon de viaxe guiados polos catro ventos, ou historias de Piratas de pata de lata que saíron do maxín de Oli e dos pinceis de Ramón Trigo.
Pasamos moito medo co Gato Guille e a súa mamá pero descubrimos que ás veces eses medos soamente están na nosa mente como nos amosa Rocío Martínez no seu libro.
Por último Bailamos nas nubes e coñecemos as fabulosas casas doutros nenos e doutras culturas que imaxinou Vanina Starkoff.