Día Mundial da Poesía: Voces da cidade

Día Mundial da Poesía: Voces da cidade

Neste primeiro día da primavera celebramos o Día da Poesía na biblioteca dun xeito moi especial, no que nos acompañaron diferentes nomes de poetas e poetisas que nos inundaron de versos e música e nos emocionaron enormemente.

Queremos dar as grazas Andreia Costas, Esther Maradentro, Lucía, Raquel Fernández, Pablo Vilas, María Landesa, Félix Caballero, Aurora, Oriana Méndez, Orissel, Pedro, Isolda Comesaña , Samuel Merino e espacialmente a Montse Copa e Lola Villar por amosarnos a fermosura das súas verbas. Como escribiu Goytisolo

"La materia del canto
nos lo ha ofrecido el pueblo
con su voz. Devolvamos
las palabras reunidas
a su auténtico dueño".

Andreia Costas: https://andreiacostas.com
Esther Maradentro: https://laleyendadelpajaromagico.blogspot.com
Raquel Fernández: https://www.instagram.com/raquelfernandezf72/

Montse Copa: https://www.facebook.com/montse.copa

Pablo Vila: https://pablovilaweb.wixsite.com/pablovila
María Álvarez Landesa: https://www.instagram.com/malandesa/
Félix Caballero: https://www.diarioluso-galaico.com/opinion/autor/146/felix
Oriana Méndez: https://www.instagram.com/oriana.mendez/
Orisel Gaspar y Pedro Román: https://www.youtube.com/jeromita

Isabel Blanco: https://www.facebook.com/isabel.blanco.3705157
Isolda Comesaña: https://www.facebook.com/profile.php?id=100068547709022
Samuel Merino: https://www.facebook.com/pompa.eboato.3
Lola Villar: https://www.facebook.com/lola.villar.921

Iria Medraño: https://www.instagram.com/iria_medrano/

eFilm Vigo: Patti Smith: Electric Poet

eFilm Vigo: Patti Smith: Electric Poet

21M: Día Mundial da Poesía

Patti Smith: Electric Poet

Anne Cutaia

XéneroAnoClasificación
Documental2021Clasificación +13

Último documental sobre unha lenda viva da historia da música e o punk: Patti Smith. Unha artista que reverteu os códigos do rock’n’roll e a poesía cun irrenunciable estilo que a converteu nunha das voces máis únicas da súa xeración. Ao aterrar en Nova York sobre as cinzas da cultura post-hippie, a veinteañera Patti Smith trastornará todos os códigos existentes do rock’n'roll e a poesía excesivamente prosaica. Durante a súa carreira de cincuenta anos, cun só éxito comercial, logrou a fazaña de converterse nunha lenda viva sen saír nunca das marxes da sociedade. Punk de corazón.

Audiovisuais dispoñibles en eFilm Vigo

https://vigo.efilm.online/lists/904/21m-dia-mundial-de-la-poesia

Coñecendo a Picasso: AFAGA

Coñecendo a Picasso: AFAGA

Este ano celébranse 50 anos da morte do gran artista e xenio Pablo Picasso. Na biblioteca unímonos ás conmemoracións deste aniversario e quixemos amosar algunhas pinceladas da obra e da vida deste gran pintor e artista global aos usuarios e usuarias de AFAGA.

Coñecemos os seus primeiros pasos como pintor, cando non era máis que un neno na cidade da Coruña. Tamén descubrimos a súa faceta de aprendizaxe e experimentación e mergullámonos polo interior dalgunhas das obras máis coñecidas do artista como as "Señoritas de Avignon" ou o "Guernica" para coñecer máis de cerca algunhas peculiaridades da súa forma de entender a arte.

"El arte es la mentira

que nos permite comprender

la verdad"


Sesións:

Xoves, 9 de marzo ás 10.00 h

Venres, 10 de marzo ás 10.00 h

Luns, 13 de marzo ás 17.00 h

Xoves, 16 de marzo ás 17.00 h

Sara Mesa: Recomendación do mes

Sara Mesa: Recomendación do mes

Recomendación do mes

Sara Mesa

Do 1 ao 31 de marzo

Horario de apertura da biblioteca

Este mes, no que se celebra o Día Internacional da Muller e o Día da Poesía, a nosa recomendación é a escritora Sara Mesa.
Coñecida fundamentalmente pola súa prosa, onde algúns dos seus temas recorrentes son o feminismo, os abusos de poder, as relacións cotiás conflitivas e a procura da liberdade, especialmente no mundo infantil e adolescente

Cara de pan

Mesa, Sara (1976-)

XéneroAnoClasificación
Novela romántica2019Adulto

«A primeira vez cóllea tan desprevida que se sobresalta ao velo.» O encontro prodúcese nun parque. Ela é Case, unha adolescente de «case» catorce anos; el, o Vello, ten moitos máis. Ela ten dificultades para relacionarse. A el gústalle contemplar os paxaros e escoitar a Nina Simone. Estes dous personaxes feridos establecerán unha relación impropia que provocará incomprensión e na que non necesariamente coincide o que sucede e o que se interpreta que sucede.

Catálogo Sara Mesa

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=sara+mesa&branch_group_limit_txt=Vigo+-+Biblioteca+P%C3%BAblica+Municipal+Xos%C3%A9+Neira+Vilas&branch_group_limit=branch%3AVIGO1

A hora dos contos: Dani Blanco

A hora dos contos: Dani Blanco

Historias desde o outro lado da raia

Dani Blanco trouxo consigo unha presiña de contos populares do outro lado desa raia imaxinaria que separa o noso país de Portugal. Acompañamos ao coelliño branco na súa busca de axuda para desaloxar da súa casa á cabra cabrez, que che salta enriba e te parte en tres; soubemos da historia dun pescador que por pedir demasiado ao xenio dos peixes ao que salvara a vida quedou sen nada, e descubrimos o segredo do príncipe que recibira como regalo dunha fada malhumorada unhas grandes orellas de burro.
Para rematar, rimos a cachón coa tola historia do pinto borrachudo e a súa viaxe de ida e volta cunha bolsa chea de moedas de ouro.