O 8 de marzo as entidades da Praza da Memoria unímonos para festexar xuntas o Día Internacional da Muller.
Comezamos o acto coa lectura dun poema escrito por Aurora para a ocasión. Coas súas fermosas palabras aínda resoando nos nosos oídos, seguimos coa parte máis festiva da xornada: un tres en raia humano, para amosar que se nos aliñamos pola igualdade a nosa será unha sociedade mellor, e o xogo "Quen dixo que?", no que tiñamos que relacionar coñecidas frases feministas co libro ou a película na que aparecen. Ademais, a praza encheuse de creativos carteis reivindicativos e ducias de lazos morados. Para rematar, procedimos á lectura en voz alta por parte dos e das usuarias de todas as entidades de exemplos de micromachismo, esas frases e situacións da vida cotiá que son sutís e soen pasar desapercibidas, pero reflicten e perpetúan actitudes machistas e a desigualdade das mulleres respecto aos homes.
Nun mundo de homes, os obstáculos acumúlanse na vida profesional e persoal de Emmanuelle, interpretada pola actriz gañadora do César Emmanuelle Devos. Grazas ao seu esforzo, Emmanuelle Blachey, unha enxeñeira brillante e decidida, chegou o máis alto do consello de administración de Trident, a compañía enerxética líder en Francia. Leva 20 anos casada cun home bo e é nai de 2 fillos, así que a vida de Emmanuelle parece case perfecta. Un día, unha poderosa e influente rede de mulleres ofrécese para axudala a converterse en presidenta dunha empresa do CAC 40. Pero para estar na cima, terá que arriscalo todo! Nun mundo de homes, os obstáculos acumúlanse na vida profesional e persoal de Emmanuelle.
“Por un mundo dixital inclusivo: innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero”
O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller e para festexalo, durante este mes realizamos unha mostra na biblioteca na que reunimos material bibliográfico e audiovisual que trate sobre a muller e a súa loita pola igualdade de oportunidades tanto na sociedade como no seu desenvolvemento íntegro como persoa.
A igualdade de xénero non só é un dereito humano fundamental, senón que é un dos fundamentos esenciais para construír un mundo pacífico, próspero e sostible. Conseguíronse algúns avances durante as últimas décadas: máis nenas están escolarizadas, e obrígase a menos nenas ao matrimonio precoz; hai máis mulleres con cargos en parlamentos e en posicións de liderado, e as leis están a reformarse para fomentar a igualdade de xénero. A pesar destes logros, aínda existen moitas dificultades: as leis e as normas sociais discriminatorias continúan sendo xeneralizadas.
Hai moitas maneiras de ser nai e outras tantas de ser filla, así que dime como queres á túa nai e direiche quen es. Decidida a descubrir dunha vez por todas a súa identidade, Lola Vendetta regresa disposta a cortar polo san, coa axuda da súa catana, o cordón umbilical e a emprender pola súa conta o camiño da revolución Feminina.
Hoxe tivemos o pracer de contar con Soledad Felloza, que nos contou as historias da vida, da súa vida cotiá, da de agora e da de antes: a súa nai, o seu pai, a súa avoa, a súa infancia no Urugai e as súas propias experiencias: o seus zapatos Bergantiños (feitos por un emigrante galego), as súas visitas ao médico na Casa de Galicia, o autobús do colexio de don Xosé (outro emigrante galego)...
Como di Soledad: "Trátase de contar as historias da vida, non é que eu sexa importante, senón que hai moita xente arredor de min con moitas historias, e é iso o que importa".
Contos Dakí Cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego, para deleitar ás persoas usuarias [...]
Día da muller: Obradorio Publi Retranqueira Aberto prazo de inscrición A partir das mensaxes publicitarias publicadas nos xornais e revistas, escolleremos aqueles anuncios que chamen [...]
Entre arrolos e contiños Os bebés compartirán con aqueles que os coidan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa [...]
Día Internacional da Poesía Para celebrar o Día da Poesía a biblioteca propón ao seu público usuario varios xogos de creación poética. Por unha banda [...]