O 24 de marzo de 2011 abría as portas por primeira vez a biblioteca. Ese día tivemos a sorte de contar con Xosé Neira Vilas para que inaugurase a biblioteca que leva o seu nome, nesa mesma xornada Cándido Pazó realizou un breve fragmento da adaptación da obra Memorias dun neno labrego, que ese mesmo ano celebraba 50 anos da súa primeira publicación en Buenos Aires.

10 anos despois quixemos rememorar ese día e a figura de Neira Vilas co regreso de Cándido Pazó e o seu espectáculo narrativo-teatral Memorias dun neno labrego.

Cándido Pazó Memorias dun neno labrego Biblioteca Neira Vilas Concello de Vigo
24 de marzo de 2011
24 de marzo de 2021

Desexamos que nos acompañedes outros 10 anos de contos e lecturas!