by Biblioteca Neira Vilas | Abr 29, 2022 | Contacontos, Público Adulto
Aínda que o refrán di que “en abril, augas mil”, este mes poidemos gozar da sesión de Contos Dakí ao calorciño na nosa terraza, na compaña inestimable de Brais das Hortas, que nos trouxo o seu repertorio de contos de defuntos. Así foi como coñecemos...
by Biblioteca Neira Vilas | Abr 8, 2022 | Contacontos, Público infantil
Moitas grandes mulleres da historia foron calificadas de estrafalarias só por non seguir as normas establecidas: Rosalía de Castro, Frida Kahlo, Gloria Fuertes… Así, “estrafalarias” son tamén as protagonistas dos contos cos que nos deleitou Xarope Tulú;...
by Biblioteca Neira Vilas | Mar 25, 2022 | Contacontos, Público Adulto
Cris de Caldas, unha das nosas contadoras habituais na sesións de contos infantís, hoxe estreouse no Ciclo Contos Dakí, e que mellor forma de facelo que tecendo un fío entre os contos da súa avoa Carmela e Dona Emilia. Cris relacionou os contos coas cereixas, sempre...
by Biblioteca Neira Vilas | Mar 4, 2022 | Contacontos, Público infantil
Pincelada a pincelada fomos descubrindo xunto as fermosas verbas de Olalla os contos que agochaban Marc e Olalla dentro da súa maleta Contos de ratiños que imaxinou Arnold Lobel e que marcharon de viaxe guiados polos catro ventos, ou historias de Piratas de pata de...
by Biblioteca Neira Vilas | Feb 25, 2022 | Contacontos, Público Adulto
Contos de enxeño Paula Carballeira levounos de viaxe por media Europa coñecendo coas súas palabras e os seus contos a habilidade e a pericia dalgúns para escapar do perigo ou para conseguir o que desexan. Comezamos a viaxe en Armenia cun conto tradicional explicando...
by Biblioteca Neira Vilas | Feb 4, 2022 | Contacontos, Público infantil
Cosendo, tecendo e bordando pasan as horas a avoa, a nai e a tía… mentres, a nena enreda ao seu redor, escoitando as historias e cantigas que contan e cantan para facer máis levadeiro o labor.Vestidos que teñen moitas vidas, gatiños rebuldeiros ou príncipes arrogantes...