by Biblioteca Neira Vilas | Set 10, 2020 | Contacontos, Público Adulto
Despois de varios meses regresou un dos nosos contadores máis queridos á biblioteca. Avelino preparou unha sesión de “medo”, pero non foron contos de terror o que escoitamos senón historias de como superar os nosos medos. Contounos por exemplo a historia...
by Biblioteca Neira Vilas | Set 8, 2020 | Contacontos, Público infantil
Foi un pracer como sempre contar con Paula Carballeira, que nesta ocasión veu contarnos historias para os máis pequenos da casa. Atrapamos no aire contos de aquí cerquiña, como o do río da Bruxa, ou de moi lonxe, de África, como a historia que explica por que a...
by Biblioteca Neira Vilas | Set 4, 2020 | Público infantil
Xurxo Mariño e Luís Sampedro tiveron un encontro co público infantil da biblioteca no que falaron da importancia do coñecemento científico dun xeito lúdico, divertido e poético. Xurxo Mariño tróuxonos para amosar un fragmento de meteorito e explicounos como viaxou...
by Biblioteca Neira Vilas | Mar 6, 2020 | Contacontos, Público infantil
Nesta ocasión Trini Puentes regresou a biblioteca para contar ” Un animal moi extraño”, ” Un León dentro!, “Paiaso” e “A cenoria de Antón”. Foron historias para pensar e recapicitar… De pensar en todo o que temos, da...
by Biblioteca Neira Vilas | Feb 28, 2020 | Público Adulto
Pazos encantados, mulleres lobo, historias de amor que trascenden este mundo…. Sesión marabillosa como sempre a de Paula Carballeira, con ganas da próxima!!
by Biblioteca Neira Vilas | Feb 21, 2020 | Bebés
Bea Campos e Manuel Pombal celebraron con nós o Entroido. Contaron e cantaron unha chea de historias coas que o pasamos fenomenal. Comezaron contando a historia do ” Coelliño Branco”, uns dos contos máis coñecido da biblioteca e que lles encanta ao público...