CONTOS DAKÍ. MARÍA DA PONTRAGHA e MIGUELÓN PAZ
Nesta primaveral sesión de Contos Dakí, María da Pontragha, acompañada polo acordeón de Miguelón Paz
Nesta primaveral sesión de Contos Dakí, María da Pontragha, acompañada polo acordeón de Miguelón Paz
Juan Juste ofreceunos unha montaxe de teatro de papel pop-up e marionetas, tamén de papel, na que nos contou a historia dun extraterrestre moi peculiar, que viaxa por varios planetas e coñece moitos outros alieníxenas moi diferentes, pero cos que descubrirá que ten algo en común.
A sesión de Contos Dakí do mes de febreiro coincidiu coa celebración do Día de Rosalía, polo que non podíamos deixar pasar a ocasión para que os versos da poeta se colasen entre as historias que desta vez nos trouxo Celso Sanmartín
Bea e Pombal chegaron ataviados cos seus disfraces para festexar os últimos días do Entroido cunha sesión de contos chea de historias e de cancións.
Arrincamos o entroido este Xoves de Comadres cunha sesión da Hora dos Contos moi especial, na que nos acompañou o escritor camerunés Boniface Ofogo para traernos unha presiña de contos traídos do corazón de África
Unha nova sesión de Contos Dakí cun dos contadores “Residentes”, Avelino González, habitualmente as súas historias están ambientadas na cidade. Comezamos lembrando personaxes míticos da cidade, quen non recoñece a Tocho, coas súas características crónicas deportivas “O Celta empatou”, coñecemos a historia ao redor de Maximino, personaxe de principios de século XX, ao que lle dicían que tiña a gaita muda. Do incendio ocorrido na Porta do Sol, enlazamos cos pequenos comercios, situados debaixo da Praza Argüelles, que deron pé, a rocambolesca historia relacionada coa reloxería Antolín e o enterro dun reloxo nunha lata de sardiñas de Alfagueme. Do enterro […]
Esta sesión da Hora dos contos estivo chea de bechos
Despedimos o 2023 con historrias chegadas directamente dende o Morrazo da man de Dani Blanco
Queliña, a exploradora, viaxou ata os confíns da terra para traernos historias de diferentes partes do mundo.
Este mes en Contos Dakí visitounos a narradora e actriz Bea Campos, que por primeira vez na nosa biblioteca mudou de rexistro, deixando a un lado o público infantil e sorprendendo ao público ad