A hora dos contos: Vero Rilo
Vero Rilo estivo na biblioteca contando “Outra vez!”, diferentes historias e cantigas que son os grandes hits dos nosos días, os contos que xa sabemos e que por moito que nos conten sempre queremos escoitalos
Vero Rilo estivo na biblioteca contando “Outra vez!”, diferentes historias e cantigas que son os grandes hits dos nosos días, os contos que xa sabemos e que por moito que nos conten sempre queremos escoitalos
Ángeles Goás regresou a Contos Dakí para agasallarnos cos contos de Provecende, de Quende, de Villarente… contos de mulleres e de homes, de sabios e de parvos, de risa e de pranto.
da de castañas” achegámonos ao magosto como a celebración da despensa chea, das colleitas, do trigo e do millo (e o pan), da uva (e o viño), do mel, da matanza (e os chourizos)… e por suposto das castañas.
Inauguramos a nova tempada de Contos Dakí con Quico Cadaval, que nos contó historias de defuntos ambientadas, como é habitual, na comarca do Barbanza
Ana Facchini regresou a biblioteca co súa sesión de contos “Tanto Conta, Conta Tanto”, onde heroes en cadeira de rodas, nenas valentes que loitan polas súas metas, corpos de diferentes tamaños e cores, gatos orgullosos das súas diferenzas, príncipes que queren ser sapos e princesas que unicamente queren ser elas mesmas.
Bea Campos e Manuel Pombal regresaron á biblioteca para contarnos e cantarnos unha chea de contos relacionados co reciclaxe
unha tarde de historias marabillosas cheas de arrecendo a salitre que axudaron a refrescar estes calores primaverais!
Para pechar este tempada (singular) de Contos Dakí aproveitamos que quentaba un pouco o sol e saímos a nosa terraza Liber para gozar o máximo posible desta sesión de contos realizada por Xurxo Souto
Para continuar coas celebracións do Día das Letras Galegas e coa colaboración do SNL do Concello de Vigo tivemos a sorte de contar coa representación “Arredor de Xela”. Un espectáculo de narración oral con manipulación de obxectos realizado por Raquel Queizás coma homenaxe á vida e á obra de Xela Arias.
Na nosa cita mensual cos máis pequenos da casa, Cris de Caldas achegounos unha chea de historias para reflexionar sobre a igualdade