OS CONTOS DE: OLALLA E MARC
Olalla González e Marc Taeger voltaron hoxe á biblioteca para compartir con nós unha sesión cargada de contos
Olalla González e Marc Taeger voltaron hoxe á biblioteca para compartir con nós unha sesión cargada de contos
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Este mes de xaneiro visitounos Caxoto. Esta actividade foi retransmitida en liña.
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Celso Sanmartín.
Esta tarde tivemos a sorte de degustar os mellores callos de Ribeira acompañados con galletas campurrianas; aínda que a combinación non pareza moi apetecible, a maridaxe foi perfecta.
Esta tarde de venres pasámolo xenial coas historias de Raquel Queizás; contos que trataban dun dos protagonistas máis relevantes do conto popular en Galicia, un animal listo, pícaro e que sempre sae ben parado de toda situación complicada: o raposo
Este venres estivo na biblioteca María da Pontragha acompañada pola arpista Bleuenn Le Friec para ofrecernos unha mestura de música e contos.
Despois de moito tempo regresaron Bea e Manuel á biblioteca, pero nesta ocasión non foi para unha sesión de bebés, senón para nenos e nenas de máis de 3 anos, que tiveron así a oportunidade de reencontrarse de novo coas historias de Migallas Teatro.
Despois de moito tempo regresamos coa Hora dos Contos e para esta gran ocasión tivemos a sorte de que nos acompañasen Xacobe e Tareixa, ou o que é o mesmo Pavís Pavós, para contarnos unha chea de contos
Xurxo Mariño e Luís Sampedro voltaron á terraza da biblioteca está vez para un encontro con público adulto. A través de pequenas anécdotas das súas viaxes como investigador Sampedro explicounos como os animais evolucionan e se adaptan ao seu entorno e como debemos preservar a natureza e coida dela
Despois de varios meses regresou un dos nosos contadores máis queridos á biblioteca. Avelino preparou unha sesión de “medo”, pero non foron contos de terror o que escoitamos senón historias de como superar os nosos medos. Contounos por exemplo a historia dos dragóns, ou mellor dito das Cocas, que rodean Vigo. Unha historia moi diferente á que temos escoitado desta tradición medieval, xa que a bicha tiña outras intencións para as rapazas que lle entregaban como tributo. Actividade realizada en colaboración co SNL