Contos Dakí: Avelino González
Avelino González iniciou un ano máis o ciclo de contos para público adulto Contos Dakí
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas.
Avelino González iniciou un ano máis o ciclo de contos para público adulto Contos Dakí
Para festexar o Día das Bibliotecas, 24 de outubro, visitounos a compañía teatral Inventi Teatro cunha adaptación do seu espectáculo de rúa “As palabras perdidas”
Este mes de maio despedimos as sesións de Contos Dakí con Soledad Felloza, coa que reflexionamos sobre a importancia de recoller os relatos de tradición oral
Nesta nova sesión visitounos Ángeles Goás, á que dende a súa infancia gústalle contar do que lle contan, do que escoita e do que calou de nena
Nesta primaveral sesión de Contos Dakí, María da Pontragha, acompañada polo acordeón de Miguelón Paz
A sesión de Contos Dakí do mes de febreiro coincidiu coa celebración do Día de Rosalía, polo que non podíamos deixar pasar a ocasión para que os versos da poeta se colasen entre as historias que desta vez nos trouxo Celso Sanmartín
Unha nova sesión de Contos Dakí cun dos contadores “Residentes”, Avelino González, habitualmente as súas historias están ambientadas na cidade. Comezamos lembrando personaxes míticos da cidade, quen non recoñece a Tocho, coas súas características crónicas deportivas “O Celta empatou”, coñecemos a historia ao redor de Maximino, personaxe de principios de século XX, ao que lle dicían que tiña a gaita muda. Do incendio ocorrido na Porta do Sol, enlazamos cos pequenos comercios, situados debaixo da Praza Argüelles, que deron pé, a rocambolesca historia relacionada coa reloxería Antolín e o enterro dun reloxo nunha lata de sardiñas de Alfagueme. Do enterro […]
Despedimos o 2023 con historrias chegadas directamente dende o Morrazo da man de Dani Blanco
Queliña, a exploradora, viaxou ata os confíns da terra para traernos historias de diferentes partes do mundo.
Este mes en Contos Dakí visitounos a narradora e actriz Bea Campos, que por primeira vez na nosa biblioteca mudou de rexistro, deixando a un lado o público infantil e sorprendendo ao público ad