A Cris de Caldas encántanlle os contos e o chocolate. Ou o chocolate e os contos, tanto ten. Pero tamén lle gusta a mortadela, como a que levaba o bocadillo que polas tardes lle preparaba de nena a súa avoa Carmela: sacábao do peto do seu mandil e acompañábao dunha...
Olalla e Marc encheron a nosa biblioteca de palabras e cores coa súa sesión de contos. O Abecedario de Antonio Rubio tornouse en música coa voz de Olalla que nos presentou a fermosura do traballo deste gran coñecedor da LIX madrileño, ao tempo que amosaban as fermosas...
Nada mellor para pasar unha tarde de contos na biblioteca que participar nunha muiñada organizada por Caxoto! Con el fomos aprendendo so sons e ritmos do muíño, e entre historias de pulgas que acaban convertidas en raíñas de todos os animais e galos que teñen moi mala...
Inauguaramos o mes de novembro coa Galica máxica que nos achegou Marta Ortiz Unha Galicia chea de tradición oral e historias contadas ao redor da lareira, que desta vez cobraron vida grazas aos obxectos cos que nos foi sorprendendo Marta a cada paso. Xigantes que non...
Na sesión da Hora dos Contos de outubro tivemos o prazer de contar con Raquel Queizás e a súa maleta da avoa, que viña cargadiña de contos e lendas tradicionais, das que contaban as avoas polas noites ou durante as merendas. Dela foron saíndo mouras, rapazas espelidas...
Nada mellor para pasar unha tarde de chuvia que facelo escoitando unha morea de contos da man de Bea Campos e Manuel Pombal, así que abrimos ben os ollos e as orellas para acompañar mergullanos nas súas historias… Seguimos ao Coelliño Branco na súa aventura para botar...