Este ano o Día das Letras Galegas homenaxea ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Despois de moitos anos reivindicando a súa figura, este 2020 foi o autor escollido para a conmemoración. Sen embargo, debido á situación que estamos a vivir, decidiuse adiar a data de celebración dos actos oficiais ao 31 de outubro, día despois da celebración do 110 aniversario do escritor ferrolán.

Agora ben, isto é como se mudaran o Entroido para agosto, ou San Xoán para decembro; nós sabemos que o 17 de maio é O Día das Letras Galegas e o corpo pídechas…

Así que dende a biblioteca queremos celebralo amosando pequenas pinceladas do noso idioma, verbas ou ditos que nos caracterizan como galegos alí onde imos. De igual maneira que o fai o feito de que levemos unha chaquetiña por se refresca aínda que esteamos nun paraíso tropical a 45º, ou que sexamos incapaces de comer o derradeiro anaco que queda dunha ración compartida.

Vacacións en Roma Marcho que teño que marchar Día das Letras Galegas Biblioteca Xosé Neira Vilas Concello de Vigo
Vacacións en Roma Marcho que teño que marchar Día das Letras Galegas Biblioteca Xosé Neira Vilas Concello de Vigo
previous arrow
next arrow

É por iso que hoxe (igual ca o resto do ano) #EuFaloGalego #ConSentidiño.

E por suposto, volveremos a celebrar as Letras en outubro, cunha merecidísima homenaxe a Carvalho Calero.