Hoxe tivemos na biblioteca un contacontos musicalizado de parte das asociacións Nós Mesmas e Avante LGBT+ Vigo.
Coñecimos a historia do Piratrans Carabarco, o cal cada vez que se topaba con outro pirata sempre lle dicían a mesma frase “Ti non tes o que hai que ter…” xa que Carabarco non tiña nin loro, nin parche, nin sombreiro de pirata… Él sempre responde que sí que ten o que hai que ter para ser un pirata, él ten: un galo, unha estrela de mar no ollo, unha chisteira… Piratrans demóstranos que hai moitas formas de ser pirata, abogando por unha igualdade e diversidade sexo-xenérica na que todos e todas somos iguais e mercemos o mesmo trato e recoñecemento xa que, por suposto, sí que temos o que hai que ter.