Contos Dakí, Caxoto. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Contos con mar de fondo

Caxoto inagurou a nova tempada de Contos Dakí cunha sesión adicada ao mar, as súas xentes e a migración con estes “CONTOS DE MAR DE FONDO”.

Contos de Castelao que narran como os galegos sinten a patria en cada porto lonxe da casa. E como esa emigración, sobre todo en Arxentina foi a que sustentou parte da nosa cultura, as nosas escolas e as nosas familias.

Historias das familias que quedaban na casa á espera das novas dos maridos e fillos embarcados e que escoitaban a “Radio Costeira”, que servía de canle unidireccional para saber como se atopaban no mar, se estaban vivos ou se precisaban enviar algún recado á casa. Cando o mar estaba mal dado non se escoitaba, mais aínda así as familias xuntábanse igual.