Data/hora


Data(s) - 10/10/2025

Hora 18:00 - 19:00

A hora dos contos : Caxoto

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítanos o contador Caxoto co espectáculo UNHA DE PIRATAS!!

 

UNHA DE PIRATAS!!

Nesta función de contos Caxoto contaranos como unha inocente pregunta ao redor dunha mesa na casa de Laura se pode convertir en toda unha aventura pirata chea de posibles tesouros, mapas, pistas que descubrir,… Un inesperado desenlace que fará que Laura pase o mellor día da súa vida e que o seu irmán Xabi aprenda unha gran lección que nunca esquecerá.

Idade


Público infantil dende 3 anos.

Prazas


Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas