Data/hora


Data(s) - 05/07/2021 - 17/08/2021

Hora 00:00 - 23:59

CONCURSO: “Isto non é unha caixa”

Partindo do conto “Non é unha caixa” de Antoinette Portis, poñemos en marcha un concurso para público infantil e familiar no que vos propoñemos que, como o protagonista desta historia, transformedes unha caixa de cartón no que vos dite a vosa imaxinación! Iso si, usando sempre materiais de refugallo.

Os traballos estarán expostos na biblioteca durante os meses de xullo e agosto. O martes 24 de agosto faremos público o proxecto gañador e realiazaremos a entrega dunha “caixa-premio”.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas