![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2021/01/calendario-01-1024x1024.png)
Data/hora
Data(s) - 27/05/2022
Hora 19:30 - 20:30
CONTOS DAKÍ: María da Pontragha
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos a narradora María da Pontragha.
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2020/12/equipo-1024x841.png)
Prazas
Aforo limitado.
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2021/01/entradas-de-cine-1024x1024.png)
Inscrición
A partir do 3 de maio ás 10.30 h
A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas