Data/hora


Data(s) - 21/03/2024

Hora 19:30 - 20:30

Día da Poesía. Pablo Vila. O Soño e o Eco

Celebraremos o Día da Poesía cun recital poético ofrecido por Pablo Vila.

Recital poético-musical no que, a través dunha ensoñación lírica, viaxamos no tempo. Pablo Vila visita a cada poeta, nun lugar-enclave relacionado co propio poeta, a súa vida e o fondo da súa poesía. No encontro, en verso romance, ambos dialogan sobre o poema que acto seguido vai a ser interpretado. A conversa é como un alento, unha reflexión, un breve escintileo que leva a Pablo Vila a continuar a súa viaxe a través do tempo e a poesía.
Os poetas son visitados en orde cronolóxico, desde o máis antigo ao máis cercano e actual, exceptuando algunha licenza narrativa: Francisco de Quevedo, G. A. Bécquer, Rosalía de Castro, Antonio Machado, Juan Ramón Jiménez, Miguel de Unamuno, Ernestina Champourcín, Josefina de la Torre, Celso Emilio Ferreiro, Jorge Luis Borges e Federico García Lorca.

Prazas


Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas