Data/hora


Data(s) - 06/06/2025

Hora 18:00 - 19:00

Entre arrolos e contiños

Unha nova sesión de contos para bebés da man de Migallas Teatro, onde os/as máis pequenos/as da casa comparten coa familia un momento de pracer compartido, afastado do ruído e das presas cotiás. A través de contos, cancións e pequenos xogos, esta actividade busca espertar xa desde os primeiros anos o interese pola literatura e a tradición oral, creando un espazo cálido para gozar en compañía.

Idade


Público infantil de 1 a 3 anos

Prazas


Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas