G-Night: Charla ciéntífica
O evento, coordinado pola UVigo, achegará a ciencia ás rúas, museos, centros educativos, bares e tamén á nosa biblioteca.

O club de lectura xuvenil é unha iniciativa coa que queremos achegar a biblioteca ao público mozo e compartir o pracer de ler cun bo libro entre as mans. Nun ambiente relaxado e participativo, comentaranse obras de distintos xéneros literarios, combinando o lado formativo da lectura co seu valor lúdico e inspirador.
O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne unha vez ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda dunha coordinadora. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.

A cargo de Silvia Penas e sesión especial a cargo de María Lado.
A poesía non entra nun DIN A4. Sen marxes é un convite a desbordar o papel para levar a escrita directamente ao corpo, á sonoridade e ao espazo. Neste obradoiro sentaremos á mesa da creación poética sobre catro patas fundamentais: voz, corpo, música e obxectos. Con estes elementos hibridaremos o poema para darlle sabor e colocalo no centro do taboleiro, alimentando a nosa fame simbólica e artística, e a necesidade de resignificar o mundo desde o código poético.
Ao romper os límites do folio, a escrita feita corpo habitará o espazo, gañará sonoridade e cambiará de cor.
Este ano a Biblioteca Xosé Neira Vilas pon en marcha unha nova proposta para as persoas amantes do cinema: o Club de Cine.
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítanos o contador Caxoto co espectáculo Miña terra meu lar.
A cargo de Silvia Penas e sesión especial a cargo de María Lado.
A poesía non entra nun DIN A4. Sen marxes é un convite a desbordar o papel para levar a escrita directamente ao corpo, á sonoridade e ao espazo. Neste obradoiro sentaremos á mesa da creación poética sobre catro patas fundamentais: voz, corpo, música e obxectos. Con estes elementos hibridaremos o poema para darlle sabor e colocalo no centro do taboleiro, alimentando a nosa fame simbólica e artística, e a necesidade de resignificar o mundo desde o código poético.
Ao romper os límites do folio, a escrita feita corpo habitará o espazo, gañará sonoridade e cambiará de cor.
O 19 de outubro é a data que a Biblioteca Nacional propón para celebrar a XI edición do Día das Escritoras, así que ao longo desta xornada toda aquela persoa que leve en préstamo libros escritos por unha muller será obsequiado cunhas flores que levarán unha etiqueta co lema deste ano e unha cita literaria dalgunha autora destacada.
Trátase dunha lectura pública de textos que teñen como fío condutor o Día das Escritoras. As sesións están conducidas polo Voluntariado do Concello de Vigo, pero están abertas a todas aquelas persoas que desexen compartir co resto do público as súas lecturas.
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotiandade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Celso F. Sanmartín.