Data/hora


Data(s) - 27/12/2021

Hora 11:00 - 12:00

Obradoiro. Verdecer: Oasis Urbanos

“Verdecer: Oasis Urbanos” é unha actividade cuxo obxectivo principal é que a infancia e a adolescencia estean presentes de forma activa nos procesos de construción do espazo común (praza, barrio, cidade) tomando conciencia da importancia da natureza e os elementos vexetais, así coma os seus beneficios nas nosas vidas e nas nosas cidades.
Neste obradoiro aproximarémonos aos conceptos de arquitectura sostible e arquitectura bioclimática a través do xogo; dotando aos máis pequenos das ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade e co fin de espertar interese polo mundo que nos rodea.

Idade


A partir de 5 anos.

Prazas


Aforo limitado.

Inscrición


A partir das 10.30 h do 1 de decembro

A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Medidas seguridade extraordinarias COVID-19


Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes
    • Uso obrigatorio da máscara en todo momento
    • Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables
    • Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos
    • Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca
    • Aforo limitado
    • Asentos asignados, cun perímetro de seguridade de 1,5 m, salvo persoas conviventes
    • Sinalización informativa (carteis informativos e adhesivos no chan)
    • Rexistro dos asistentes, coa información de contacto, en caso de solicitude por parte das autoridades sanitarias
    • Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada

As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade.

Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas