Ven, participa e descobre: actividades para todos os públicos
Club de lectura: O infinito nun xunco
Iniciamos esta nova andaina do noso Club de lectura coa mellor das lecturas posibles: El infinito en un junco de Irene Vallejo, obra catalogada como ensaio aínda que para min máis próxima a un libro de viaxes. A través do espazo-tempo, a autora vai recreando a viaxe do coñecemento humano, ou o que foi o mesmo ata hai ben pouco: a viaxe dos valiosos recipientes onde se gardaba: o libro
Visitas escolares
O luns 24 de xaneiro visitou a biblioteca o alumnado de 2º de Educación Infantil de Ordinario do IES de Chapela. Nesta visita coñeceron a biblioteca e os seus recursos, tanto os que lles poden interesar agora como alumnado como os que poden empregar no futuro cando...
A hora dos contos: Contos en lila. Cris de Caldas
ioteca para contarnos Contos en lila, unhas historias para reflexionar sobre o mundo que queremos. Un mundo que non sexa nin azul nin rosa, se non unha mestura dos dous… un mundo lila.
Día do usuario/a das bibliotecas
O pasado día 11 de xaneiro celebramos o Día do/a usuario/a das bibliotecas, unha das nosas datas favoritas, xa que o noso público é o máis importante. As persoas que veñen á biblioteca en busca de información, de formación, na procura dun lugar de encontro e de ocio son as que dan sentido ao noso labor.
OBRADOIRO VERDECER: OASIS URBANOS
Verdecer: Oasis Urbanos é unha actividade cuxo obxectivo principal é que os rapaces/zas estean presentes de forma activa nos procesos de construción do espazo común (praza, barrio, cidade) tomando conciencia da importancia da natureza e os elementos vexetais así coma os seus beneficios nas nosas vidas e nas nosas cidades.
Contos Dakí: Celso Sanmartín
Na biblioteca volvemos a gozar cunha nova sesión de Contos Dakí, desta vez da man de Celso Sanmartín. A velada foinos levando dun tema a outro, dende os métodos da logopedia tradicional como eran os trabalinguas, a historias da emigración
Nadal 2021
Dende a Biblioteca Xosé Neira Vilas desexámosvos 2022 boas lecturas! Ilustración: Federico Fernández
A hora dos contos: Vero Rilo
Vero Rilo estivo na biblioteca contando “Outra vez!”, diferentes historias e cantigas que son os grandes hits dos nosos días, os contos que xa sabemos e que por moito que nos conten sempre queremos escoitalos
Coñecendo a Chaplin: Afaga
Esta semana recibimos na Neira Vilas varios grupos de AFAGA para que os/as usuarios/as coñecesen o noso espazo e os servizos da biblioteca
Contos Dakí: Ángeles Goás
Ángeles Goás regresou a Contos Dakí para agasallarnos cos contos de Provecende, de Quende, de Villarente… contos de mulleres e de homes, de sabios e de parvos, de risa e de pranto.
A HORA DOS CONTOS: CAXOTO
da de castañas” achegámonos ao magosto como a celebración da despensa chea, das colleitas, do trigo e do millo (e o pan), da uva (e o viño), do mel, da matanza (e os chourizos)… e por suposto das castañas.
Contos Dakí – Quico Cadaval
Inauguramos a nova tempada de Contos Dakí con Quico Cadaval, que nos contó historias de defuntos ambientadas, como é habitual, na comarca do Barbanza











