Ven, participa e descobre: actividades para todos os públicos

A hora dos contos: Dani Blanco

Historias, circo e karaoke para despedir a ‘Hora dos Contos’

Festa de peluches

Os peluches toman a biblioteca no seu campamento de verán

Entre arrolos e contiños

Entre arrolos e contiños despide a tempada a ritmo de acordeón

Contos Dakí: Celso Sanmartín – En liña

Contos Dakí: Celso Sanmartín – En liña

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Celso Sanmartín.

read more
Mostra bibliográfica: Inimigo invisible

Mostra bibliográfica: Inimigo invisible

As novelas de espías forman xa un xénero literario que ten xerado magníficos títulos. Grandes autoras e autores como Agatha Christie o Phillip Kerr, Jonh le Carré ou Tom Clancy escribiron estupendos relatos cheos de confidentes e informadores que traspasaron as follas do libros e tomaron vida no cine e nas series de televisión.

read more
SERVIZO   DE PRÉSTAMO  A DOMICILIO

SERVIZO DE PRÉSTAMO A DOMICILIO

A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas ofrece ás persoas usuarias que se atopen nunha situación de confinamiento un “Servizo de Préstamo Especial a Domicilio” un servizo personalizado ao fin de facilitar o acceso aos recursos dos que dispón.

read more
Ampliación de horario

Ampliación de horario

Durante os meses de decembro e xaneiro a biblioteca amplía os seus horarios. A biblioteca abrirá os luns 14, 21 e 28 de decembro e 4, 11, 18 e 25 de xaneiro en horario de mañá, de 10.30h a 14.00h a maiores do seu horario habitual.

read more