by Biblioteca Neira Vilas | Xuñ 6, 2025 | Bebés, Contacontos
Nesta nova sesión de Entre arrolos e contiños, a maxia chegou á biblioteca da man de Bea e Alicia. Bea trouxo as palabras e Alicia puxo a música, acompañando cada conto co son do acordeón… e tamén cun misterioso instrumento chamado handpan, que nos sorprendeu a todas...
by Biblioteca Neira Vilas | Mai 30, 2025 | Contacontos, Público Adulto
O pasado venres 30 de maio na biblioteca gozamos dunha nova sesión do ciclo Contos Dakí, unha proposta pensada para todas aquelas persoas que gozan da palabra contada, das historias con xeito e do humor coa retranca que nos caracteriza. Nesta ocasión visitounos...
by Biblioteca Neira Vilas | Mai 23, 2025 | Contacontos, Público infantil
Nesta nova sesión de A hora dos contos, acompañounos na biblioteca Silvia Penide, que veu contar e cantar o seu libro “Diferentes diferenzas”. Presentounos aos seus amiguiños, uns personaxes moi singulares: desde un galo mudo que mercou unha trompeta para traballar de...
by Biblioteca Neira Vilas | Mai 16, 2025 | Día das Letras Galegas
O pasado venres 16 de maio, na Biblioteca Xosé Neira Vilas celebramos o Día das Letras Galegas 2025, dedicado este ano ás cantareiras, figuras fundamentais da nosa tradición oral e musical. Para renderlles homenaxe, organizamos un serán moi especial que contou coa...
by Biblioteca Neira Vilas | Mai 16, 2025 | Axenda 2030, Biblioteca social
O pasado venres festexamos, xunto coas entidades sociais do Calvario, a festa dos Maios, unha tradición que seguimos a coidar con ilusión. Foi unha xornada de encontro, colaboración e festa, aberta tamén a toda a veciñanza. Durante parte da mañá adicámonos á...
by Biblioteca Neira Vilas | Abr 25, 2025 | Contacontos, Público infantil
A biblioteca Neira Vilas enchéuse dos contos de Celso Sanmartín, sempre cheos de retranca e sempre contando coas nosas raíces galegas. Nesta ocación deleitounos con contos dos seus amigos/as e compañeiros/as portugueses/as polo 25 de abril, festexando dalgún modo esta...
by Biblioteca Neira Vilas | Abr 25, 2025 | Afaga, Axenda 2030, Biblioteca social
Ao longo das últimas semanas, na nosa biblioteca tivemos o pracer de acoller cinco visitas moi especiais organizadas para persoas usuarias da asociación AFAGA, dedicada ao acompañamento de persoas con alzhéimer. Durante estes encontros, fixemos unha viaxe emocional e...
by Biblioteca Neira Vilas | Abr 23, 2025 | Día do Libro
O pasado 23 de abril celebramos o Día do Libro cunha actividade moi especial arredor da obra Cantos do mar (Morgante, 2024), primeira antoloxía comentada e traducida ao galego de cantos de traballo e cancións mariñeiras anglosaxoas e francófonas dos séculos XVI ao XX....
by Biblioteca Neira Vilas | Abr 14, 2025 | Infantil, Obradoiro
Durante as vacacións, a nosa biblioteca acolleu unha actividade moi especial destinada ao público infantil: un obradoiro creativo da man de Electra de Pedras de Papel. Nenas, nenos e demais pequechos e pequechas participaron nunha xornada chea de imaxinación e...
by Biblioteca Neira Vilas | Abr 11, 2025 | Contacontos, Público infantil
Na última sesión de A hora dos contos, a nosa biblioteca encheuse de maxia, cantigas e moitas risas grazas á compañía Pavís Pavós, formada por Terexa e Xacobe. A actividade estivo destinada a crianzas maiores de tres anos, que gozaron dunha tarde chea de historias...