Recomendación do mes
Sara Mesa
Do 1 ao 31 de marzo
Horario de apertura da biblioteca
Este mes, no que se celebra o Día Internacional da Muller e o Día da Poesía, a nosa recomendación é a escritora Sara Mesa.
Coñecida fundamentalmente pola súa prosa, onde algúns dos seus temas recorrentes son o feminismo, os abusos de poder, as relacións cotiás conflitivas e a procura da liberdade, especialmente no mundo infantil e adolescente
Cara de pan
Mesa, Sara (1976-)
Xénero | Ano | Clasificación |
Novela romántica | 2019 | Adulto |
«A primeira vez cóllea tan desprevida que se sobresalta ao velo.» O encontro prodúcese nun parque. Ela é Case, unha adolescente de «case» catorce anos; el, o Vello, ten moitos máis. Ela ten dificultades para relacionarse. A el gústalle contemplar os paxaros e escoitar a Nina Simone. Estes dous personaxes feridos establecerán unha relación impropia que provocará incomprensión e na que non necesariamente coincide o que sucede e o que se interpreta que sucede.