Arantxa Treus inaugurou a Terraza Liber deste verán cunha SORPRESA!.
Nesta peza de micro-teatro preséntanos a historia de Nora unha boa esposa e boa nai que prepara unha festa sorpresa de aniversario ao seu marido.
Durante a función Nora vai falando cos invitados a festa (os espectadores) e recordando a súa vida e os episodios relacionados coas súas amistades, coa relixión e coa sexualidade e que a foron convertendo na muller que é agora unha muller que ela non quere ser.
Rematada a festa, Arantxa e os espectadores analizaron o personaxe e as circunstancias de Nora. Unha charla marabillosa e entretida onde saíron diferentes opinións, puntos de vista diferentes de diferentes xeneracionais e tamén puntos de vista diferentes entre os homes e as mulleres asistentes sobre o feminismo, a relixión, o matrimonio…